COÑECES A APP DA XUNTA DE GALICIA, XUNTAEU? (2)

24. 06. 21
Que é XuntaEu?
 
XuntaEu é a aplicación móbil que dá acceso aos principais servizos de administración dixital da Xunta de Galicia.
 
Desde esta aplicación podes ter no teu dispositivo móbil os seguintes títulos que a Xunta de Galicia expide: 
 
  • Título de familia numerosa

  • Título individual de familia numerosa

  • Carné Xove

  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios

  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre

  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado - categoría A

  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado - categoría B

  • Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade

  • Tarxeta para licenzas de pesca de recreo en superficie

  • Tarxeta para licenzas de pesca de recreo submarina

  • Tarxeta para licenzas de pesca marítima de recreo en embarcacións 

Estas tarxetas/carnés dispoñen dun QR para permitir a súa validación por parte de terceiros.

As tarxetas tamén se poden descargar en formato PKPASS para a súa utilización desde outras aplicacións compatibles. Ao premer sobre unha tarxeta mostrase o seu detalle, con información relevante desta e un código QR. 

Para poder acceder aos contidos que a APP che facilita precisas ter algún medio de identificación telemática, podes facelo a través de:

- CHAVE 365

- DNI-E (para os móbiles Android)

- CERTIFICADO DIXITAL 

Desde a APP tamén poderás realizar un trámite que se presenta moitas veces e é: RECUPERAR O TEU CONTRASINAL DA CHAVE 365 cando o esqueciches!

Para descargar a APP, debes ir á Play Store do teu dispositivo mobil e buscar: XuntaEU, descargar a aplicación e desfrutar de todas as vantaxes que che ofrece. 

https://www.xunta.gal/xuntaeu/que-e