CONVOCAN OS PREMIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL CORRESPONDENTES AOS ANOS 2020/2021

21. 07. 01

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 16 de xuño de 2021 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311E).

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.

Cada premio estará dotado con 800 €, con cargo á aplicación orzamentaria 10.30.423A.480.1 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dos orzamentos
do ano 2021, cunha dotación global de 16.000 €. A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para este fin.

Estes premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal son compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha Administración pública competente ou por calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais.

O prazo de solicitudes será dun mes; comezará o día 24 de agosto de 2021 e rematará o día 23 de setembro de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210701/AnuncioG0598-170621-0001_gl.pdf