CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
ORDE do 14 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS310Q)
Os premios do programa Xuventude Crea que se convocan inclúen as seguintes especialidades: a) Artes plásticas. b) Arte urbana. c) Banda deseñada. d) Cociña. e) Creación de videoxogos. f) Danza moderna. g) Deseño de xoias. h) DJ (disc-jóckey). i) Fotografía. j) Moda. k) Música. l) Novela curta. m) Poesía. n) Teatro. ñ) Videocreación.
Establécense os seguintes premios por cada unha das especialidades:
Un primeiro premio de 2.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música
Requisitos:
a) Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos feitos no ano 2026, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.
b) Posuír nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude, e desenvolver a actividade artística nalgunha das modalidades obxecto destes premios maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Ou ser descendente de persoa emigrante galega ata o terceiro grao ou ter residencia habitual no estranxeiro, pero vinculada con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260831/AnuncioG0766-190826-0001_gl.pdf

