BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ANPAS E CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS E CONCERTADOS DOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A ORGANIZACIÓN E O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA AMBIENTAL “VIVE O RURAL” 2027 (expte. 2026047933)
Son entidades destinatarias destas subvencións:
a) Os centros públicos e concertados de educación infantil, primaria e educación secundaria obrigatoria (ESO) que teñan a súa sede nalgún concello da provincia de Pontevedra cunha poboación inferior a 50.000 habitantes e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.
b) As anpas dos centros educativos antes indicados que estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións como tales antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
O importe máximo da subvención por entidade será de mil douscentos cincuenta euros (1.250,00 €).
O prazo para presentar as solicitudes comezará o 19 de outubro e rematará o 27 de novembro de 2026.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/10/07/2026071960

