FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA
RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026 pola que se establece o procedemento para a concesión dunha axuda financeira directa de emerxencia destinada ás persoas agricultoras afectadas polo sobrecusto dos fertilizantes e da enerxía como consecuencia da crise en Oriente Próximo, ao abeiro do Regulamento de execución (UE) 2026/1894 da Comisión, do 27 de xullo de 2026 (código de procedemento MR243A).
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que cumpran os seguintes requisitos comúns:
a) Ser titulares dunha explotación agraria situada total ou parcialmente na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Exercer unha actividade agraria baixo o seu control efectivo, consonte co estipulado no Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, obter os beneficios derivados dela e asumir o risco empresarial correspondente.
c) Ter presentado en Galicia a solicitude única da política agrícola común (PAC) correspondente á campaña 2026.
d) Cumprir os demais requisitos establecidos nesta resolución e non ter creado artificialmente as condicións exixidas para obter a axuda.
Serán subvencionables as perdas económicas derivadas do sobrecusto soportado polas explotacións agrarias como consecuencia do incremento dos prezos dos fertilizantes e, se é o caso, do gasóleo, derivado da crise en Oriente Próximo, desde o 1 de marzo de 2026.
O prazo de presentación da comunicación da aceptación da axuda será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261029/AnuncioG1534-271026-0001_gl.pdf

