XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS EN APOIO Á HOSTALERÍA

21. 02. 24

Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e
do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.

– Programa I Hostalaría: axudas ao sector da hostalaría cun orzamento de 12.000.000 de € con cargo a fondos finalistas e fondos propios da Comunidade Autónoma.

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes do sector de hostalaría que cumpran estes requisitos:
– Ter domicilio fiscal en Galicia.
Estar afectada polos supostos de peche do establecemento, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, polo peche perimetral do concello en que se sitúen, ditados pola autoridade sanitaria ou a autoridade competente delegada da Xunta de Galicia nas ordes e decretos que se relacionan:
a) Decreto 1/2021, do 4 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
b) Orde do 4 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020
pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Decreto 2/2021, do 8 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
d) Orde do 8 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma.
e) Decreto 3/2021, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións
causadas polo SARS-CoV-2.
f) Orde do 13 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Decreto 5/2021, do 19 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
h) Orde do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
j) Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

O importe da axuda por establecemento determinase en función da data de peche do mesmo, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos pola data peche perimetral do concello en que se sitúen do seguinte xeito:
– Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 1.900 €.
A mesma cantidade percibirán os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamento cuxos concellos fosen obxecto de peche perimetral desde o 27 de xaneiro de 2021.
– Os establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021, percibirán unha axuda única de 2.200 €.
A mesma cantidade percibirán os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamento cuxos concellos fosen obxecto de peche perimetral desde o 21 de xaneiro de 2021.
– Os establecementos pechados, en virtude de dous ou mais ordes das comprendidas nas alíneas b), d), f) e h) do artigo 18.1 percibirán unha axuda única de 2.700 €.
A mesma cantidade percibirán os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamento cuxos concellos fosen obxecto de peche perimetral en virtude de dous ou maisdecretos dos comprendidos nas alíneas a), c), e) e g) do artigo 18.1.

No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 incrementarase en 1.000 € a cantidade sinalada nas alíneas anteriores.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210223/AnuncioG0599-220221-1_gl.pdf