DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA O PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA “O TEU PRIMEIRO EMPREGO” NAS ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS 2021

21. 03. 12

Concretamente, o programa “O teu primeiro emprego” en organizacións non gobernamentais 2021 da Deputación de Pontevedra desenvolverase en dúas fases:

a) Primeira, de selección das entidades colaboradoras e de determinación das titulacións dos postos de traballo que ser van desempeñar baixo a modalidade de contrato en prácticas

b) Segunda, de selección das persoas beneficiarias das contratacións en prácticas segundo as bases reguladoras que aprobe a Deputación Provincial

ENTIDADES COLABORADORAS

Poderán ser entidades colaboradoras das axudas ou subvencións previstas neste programa as organizacións non gobernamentais, en concreto as asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan programas ou sexan titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais inscritas no RUEPSS, que dispoñan da capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos e que non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

Para que se lles concedan as subvencións as entidades colaboradoras deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Ter o seu domicilio fiscal en calquera concello da provincia de Pontevedra

2. Estar legalmente constituídas e ter iniciada a súa actividade

3. A actividade da entidade, definida nos seus estatutos, ten que estar relacionada co perfil profesional da persoa contratada

4. Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda Autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra

5. Non estar nin ter estado incursas nun expediente de despido improcedente de ningunha persoa traballadora da entidade correspondente, que ocupase un posto similar ao que se solicita, nos tres meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, nin en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO.

SELECCIÓN DAS PERSOAS BENEFICARIAS DOS CONTRATOS EN PRÁCTICAS

A Deputación Provincial será a encargada de levar a cabo o proceso de selección das persoas que se contraten mediante a publicación dunha convocatoria pública en función das titulacións requiridas polas entidades colaboradoras seleccionadas.

A selección efectuarase entre as persoas que se inscriban no citado proceso de selección e cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas e os criterios establecidos nas bases de selección das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias serán as que elixan, por orde de puntuación, a entidade onde serán contratadas.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/12/2021010918