on 19 Outubro 2021

O Issga organiza varios talleres gratuítos de 8 horas, de carácter teórico-práctico, repartidos en 2 xornadas co obxectivo de axudar na identificación de posibles materiais con amianto aos profesionais que poden atopar amianto de maneira inesperada e de dar pautas de actuación para evitar que os materiais con amianto poidan poñer en risco ás persoas.

A formación é presencial.

As datas e lugares de realización dos talleres:

👉Lugo do 15 e 16 de novembro de 9:30-13:30. 15 prazas.
Inscrición: ata o 10 de novembro.
https://lnkd.in/dmgRZwQc

👉Narón do 17 e 18 de novembro 16:30-20:30. 15 prazas.
Inscrición: ata o 13 de novembro.
https://lnkd.in/diAVgSRc

👉O Barco de Valdeorras do 19 e 20 de novembro. 1º día: 16:30-20:30 2º día: 09:30-13:30. 15 prazas.
Inscrición: ata o 14 de novembro.
https://lnkd.in/daUnu2EE

👉Mos do 25 e 26 de novembro16:30-20:30. 15 prazas.
Inscrición: ata o 21 de novembro.
https://lnkd.in/dfGWnR8n

👉A Coruña do 29 e 30 de novembro 16:30-20:30. 15 prazas.
Inscrición: ata o 24 e novembro.
https://lnkd.in/dNNhsC7h

👉Ames do 23 e 24 de novembro 16:30-20:30. 15 prazas.
Inscrición: ata o 18 de novembro.
https://lnkd.in/dWEdSj-F

Máis información:
📝Ficha de inscrición: https://lnkd.in/duCWHYVh
🌐Resolución: https://lnkd.in/dyDirPrV
🌐Portal Issga:https://lnkd.in/dtfcGiVc

on 18 Outubro 2021

Perfil dos alumnos/as: Persoas desempregadas inscritas como demandante no Servizo Público de emprego de Galicia.

Requisitos mínimos de acceso: Os establecidos para os certificados de profesionalidade de nivel 3, entre outros:. Título de Bachiller , Grado superior de ciclos formativos

Presentación de solicitudes: ata 22/10/2021

Nº de horas: 468

Datas: do 20/10/2021 ao 11/02/2022 en horario de 9.00 a 14.00 horas

Lugar: Vía Edison 1C - Polígono do Tambre (Santiago de Compostela)

GRATUÍTO

Inscricións: Teléfono: 673 113 914 ou no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

on 18 Outubro 2021

Convocatoria do Plan de Formación de Voluntariado 2021 da Consellería de Política Social, a través da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Persoas destinatarias: as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en obter coñecementos especializados en materia de acción voluntaria.

Oferta formativa:

O voluntariado dende os centros educativos (20 horas).
N.º de prazas: 100.
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org .
Datas: do 15 de outubro ao 15 de novembro.

Educación e Voluntariado Ambiental (20 horas).
N.º de prazas: 100.
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org .
Datas: do 22 de outubro ao 22 de novembro.

As competencias do voluntariado: Un valor á alza (20 horas).
N.º de prazas: 100.
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org .
Datas: do 2 de novembro ao 2 de decembro.

Curso de voluntariado. Nivel básico (20 horas).
N.º de prazas: 200.
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org .
Datas: do 16 de novembro ao 1 de decembro.

Inscricións:
◾ O número máximo de cursos que se poden solicitar do total dos ofertados durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a 2️⃣ .
◾ As prazas a cada un dos cursos outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.
◾ Formulario: dispoñible no campus en liña da páxina web de voluntariado (www.voluntariadogalego.org): https://lnkd.in/d2ir5Q4R

Prazo: aberto ata cubrir as prazas ofertadas.

 Máis información: https://lnkd.in/d5XXw4VS

on 18 Outubro 2021

A semana do 25 deste mes de outubro terá lugar unha serie de actividades relacionadas co #emprendemento das  universitarias.

Estas actividades están organizadas por #womanemprende da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Santiago.

A finalidade deste traballo conxunto é que a poboación compostelá e a comunidade universitaria, coñeza a mulleres, que coa súa formación foron quenes de emprender, crear tecido empresarial e xerar emprego baseado no coñecemento.

Lugar: Pazo de Fonseca para impartir formación teórica sobre emprendemento e #empregabilidade, formación práctica e a celebración da III Feira das Emprendedoras de Compostela

https://womanemprende.org/novidade/3_feira_de_emprendedoras

on 15 Outubro 2021
  • Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II

Cando: Mércores 20 de outubro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics

Cando: Mércores 20 de outubro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

  • Promociona o teu negocio con Google My Business

Cando: Xoves 21 de outubro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRIBETE

on 08 Outubro 2021

Os Viveiros de empresas de Deputación de Pontevedra, xunto coa Fundación Incyde,  invitánche a participar no webinario “Fondos Europeos Next Generation. Como pemes, micropemes e persoas autónomas poden acceder a eles.”

A cita será o vindeiro luns, 18 de outubro as 18:00h (vía streaming)

Inscricións no formulario: https://www.depo.gal/-/fondos-europeos-next-generation

Máis información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 686 540 897 e 886 217 360