on 29 Setembro 2021

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia agradecería se puidesen  difundir á seguinte acción formativa organizada por Special Olympics Galicia,  entidade federada a FADEMGA Plena inclusión Galicia:

Curso: ESCOITAMOS??

 

Data de celebración: Sábado 23 de outubro de 2021.

Duración: 8 horas.

 Horario: 10:00 a 14:00 e 15:30 a 19:30  horas

 Lugar de celebración: Salón de Actos de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Vía Pasteur 53-A. Polígono Industrial do Tambre.15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

 Prezo: De balde. Subvencionado pola Xunta de Galicia.

 Nº prazas: 25 prazas.

Destinatarios/as: Profesionais do voluntariado e Voluntarios/as en entidades sociais

Prazo de inscrición: Ata o 15 de outubro de 2021. A admisión comunicarase vía e-mail o 18 de outubro.  

Máis información: Adxúntase ficha técnica e formulario de inscrición no seguinte hipervínculo:

https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-escoitamos-0

on 29 Setembro 2021

Acción formativa:  "Limpieza y Desinfección adaptada al Covid-19"

Dirixido a: Mulleres desempregadas ou que queren ampliar formación para aumentar empleabilidade

Duración: 30 horas

Modalidade: Presencial

Á súa finalización expedirase un certificado acreditativo de asistencia.

As prácticas realizaranse no mesmo centro onde se imparte a formación, situado no polígono do Tambre.

As prazas son limitadas e as inscricións realizaranse por rigorosa orde de chegada, preferiblemente no mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Podes chamar ao teléfono 626 023 012

on 28 Setembro 2021

 A Escola Virtual de Igualdade ( EVI) é un espazo dixital de formación do Instituto das Mulleres  dirixido a fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes .

Toda a información sobre os cursos ofertados pola Escola Virtual de Igualdade está dispoñible nesta ligazón: https://www.escuelavirtualigualdad.es/

 

on 28 Setembro 2021

As Xornadas Europeas do Emprego ( www.europeanjobdays.eu/es ) son eventos moi útiles para atopar oportunidades de emprego. Os EJD son encontros dinámicos de contratación que reúne ás persoas demandantes de emprego e ao empresariado.

Nestas xornadas os/as buscadores/as de emprego poden atopar oportunidades de contratación, así como, información práctica e orientación por parte dos/as conselleiros/as de EURES participantes.

Próximas Xornadas:

"FINLANDIA TRABAJA": aproveita esta oportunidade para explorar as moitas oportunidades que ofrece Finlandia nunha ampla gama de sectores industriais: ◾ Hotel ◾ Restaurante e catering ◾ Coidado da saúde ◾ Industria do metal ◾ Construción ◾TIC ◾ Traballos de tempada.

Data: 05/10/2021.

Duración:10:00 a.m. – 16:00 p.m.(CET).

Modalidade: en liña.

Inscrición: https://lnkd.in/e9tsvJ5F


Para máis información consulta a web e poderás coñecer os eventos que se van a realizar; rexístrate e participa naqueles que sexan do teu interese: www.europeanjobdays.eu/es

on 28 Setembro 2021

Organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, como entidade integrante da Rede Eusumo.

Contido formativo:

◾ Economía social

◾ Casos prácticos: Toma de decisións estratéxicas dentro da empresa

◾ Ecnonomía mundial e comercio internacional

◾ Casos prácticos: plan de comercio internacional e preselección de mercados internacionais, indicador global de risco (IGR)

◾ Casos prácticos: posta en marcha da internacionalización da empresa.

Duración: 15 horas.

Modalidade: presencial.

Datas: 20,21,22, 25 e 26 de outubro.

Horario: de 11:00 - 14:00 h.

Lugar: na Cámara de Comercio de Santiago, Viveiro de empresas, República Checa, 40, Polígono de Costa Vella, Santiago de Compostela.

Inscricións (gratuíta): na páxina web www.camaracompostela.com ou premendo na seguinte ligazón: https://lnkd.in/eWH6m7KN

Máis información: http://www.eusumo.gal/taller-teoria-e-practica-do-comercio-exterior

on 28 Setembro 2021

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Obxecto

1. Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.

2. Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.

Entre os lugares de celebración tes A ESTRADA: Venres, 5 de novembro 10.00

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través de intenet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).

O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. REMATA ESTE XOVES 30 DE SETEMBRO. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210923/AnuncioG0177-150921-0001_gl.pdf