on 15 Setembro 2021

Novos cursos online en PRL para profesionais do sector metal!  https://lnkd.in/eKVXZNiu

Contarás coa axuda dun tutor persoal.

Poderás formarte ao teu ritmo.

Obterás novos coñecementos en PRL que che axudarán a mellorar no teu traballo.

Organiza: Agtamar Galicia Upta Galicia
Co financiamento de: Xunta de Galicia
Imparte: Grupo Método

https://metodoformacion.com/campa%C3%B1as/prl_metal-208

on 13 Setembro 2021

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.

O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210913/AnuncioG0598-260821-0001_gl.pdf

on 10 Setembro 2021

Lembra!!! Todas as formacións son TOTALMENTE GRATUÍTAS e de ALTA CALIDADE, con ASESORAMENTO PERSONALIZADO e ACOMPAÑAMENTO PARA O TEU CASO CONCRETO.

 

  • Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector

 Cando: Martes 14 de setembro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

 

  • Mellora o teu posicionamento web con Google Search Console

Cando: Mércores 15 de setembro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

 

  • Aspectos clave para contratar e renovar o dominio da túa web I

Cando: Xoves 16 de setembro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

on 10 Setembro 2021

No Portal de Emprego Galicia podes consultar a Oferta de Formación publicada e promovida por Emprego Galicia.

Atoparás Formación para o Emprego de Calidade, Regulada, Certificada e Gratuíta!

A través do Buscador de Formación do noso portal podes ver toda a formación ofertada en Galicia ou aplicar diferentes filtros de selección: Provincia, Concello,Especialidade, Situación laboral, Tipo de Formación, Compromiso de Contratación e Modalidade.

En cada unha das accións formativas atoparás a información máis relevante sobre elas: especialidade, contidos, nivel de certificado profesional, data de inicio prevista, horario, modalidade de impartición, localidade, centro de formación e datos de contacto do mesmo.

Como solicitar a formación?

1- A través da Oficina Virtual, a través do Persoal de Orientación, ou na túa Oficina de Emprego, para o caso de que a selección se realice por sondaxe xestionada por esta.
Ligazón Oficina Virtual: https://lnkd.in/dzMfEAF

2- Poñerte en contacto co centro de formación, no caso de que esta entidade teña optado pola selección directa das persoas participantes.

Se tes algunha dúbida sobre que formación realizar, os requisitos da mesma etc. podes solicitar unha cita de orientación laboral para que o noso persoal técnico especializado che asesore de forma personalizada en función do teu perfil e intereses.

Lembra que a Formación ofertada pode exixir requisitos académicos de acceso o cales deberás ter acreditados documentalmente na túa demanda de emprego.

 Para calquera trámite presencial na Oficina de Emprego debes solicitar cita previa.

Máis información:
Portal Emprego Galicia: https://lnkd.in/dUdVgZs
Vídeo tutorial de solicitude de formación: https://lnkd.in/dmxSnzhz

on 09 Setembro 2021

Xa tes dispoñible no espazo Dixitalízate de Fundación Estatal para a formación  o curso gratuíto sobre creación de empresas.

Consulta os DETALLES:  http://mtr.cool/nopczexhqr
 Accede ao curso: https://frdelpino.edu.es/courses/crea-tu-propia-empresa/

on 08 Setembro 2021

Os Viveiros de empresas de Deputación de Pontevedra abre os prazo para participar no obradoiro en modalidade online “Pensando en circular: deseño de produtos ou servizos”

A cita será o vindeiro mércores 15 de setembro de 16 a 20h (vía streaming)

Inscricións no formulario:https://www.depo.gal/-/viveiros-pensando-en-circular

Máis información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 686 540 897 e 886 217 360