on 05 Marzo 2021

Fundación Esplai ofrece 4 cursos en liña gratuítos dirixidos fundamentalmente a mellorar as competencias dixitais, de comunicación etc. de profesionais e persoas voluntarias de entidades sociais.

Estas formaciónes están tamén abertas á cidadanía en xeral, aínda que as temáticas e a prioridade é o fortalecemento do sector asociativo.

O prazo de inscrición abrangue do 8 ao 28 de marzo de 2021.

on 03 Marzo 2021

O Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) puxo en marcha nove programas diferentes de formación avanzada totalmente gratis destinados a traballadores/as en activo, empregados/as acollidos/as a un ERTE e autónomos/as de toda España.

Todos estes cursos están financiados polo SEPE polo que son gratuítos e non teñen ningún custo para a persoa que quere realizalos, ademais en moitos deles tras finalizar obtense un Certificado de Profesionalidade.

  • Cursos Gratis en competencias dixitais.

O sector tecnolóxico é un dos que máis demanda de emprego teñen actualmente, debido a que moitas empresas tiveron que dixitalizarse ás alancadas e incluír o teletraballo, polo que son necesarios profesionais neste sector para poder levar a cabo esa transformación dixital.

Entre os postos máis demandados atópanse os administradores de sistemas cloud, administradores de bases de datos e BigData, programadores de backend e frontend e de páxinas web, ou expertos en “ machine learning.

Estes cursos son ofrecidos grazas á participación de empresas tecnolóxicas como Amazon Web Services, IBM, Microsoft, Oracle, Linux Professional Institute, SAP, MongoDB e VMware

Se queres apuntarte podes facelo desde aquí

  • Cursos gratis para aprender idiomas en liña.

- Inglés Profesional para actividades comerciais: 90 horas, máis información e inscrición aquí
- Inglés A1: 150 horas, máis información e inscrición aquí
- Inglés A2: 150 horas, máis información e inscrición aquí
- Inglés B2: 150 horas, máis información e inscrición aquí
- Inglés C1: 240 horas, máis información e inscrición aquí
- Inglés B1: 240 horas, máis información e inscrición aquí

  • Cursos gratis do sector da alimentación en liña.

- Actividades Auxiliares de almacén: 210 horas, máis información e inscrición aquí
- Protocolos IFS e BRC en seguridade alimentaria: 50 horas, máis información e inscrición aquí
- Aditivos alimentarios: 70 horas, máis información e inscrición aquí
- Lexislación e normativa alimentaria: 50 horas, máis información e inscrición aquí

  • Cursos gratis de Beleza e Estética en liña.

- Tanatopraxia: 165 horas, máis información e inscrición aquí

  • Cursos gratis de Comercio, Marketing e Venda en liña.

- Xestión dun pequeno negocio: 80 horas, máis información e inscrición aquí
- Marketing e reputación en liña: 180 horas, máis información e inscrición aquí
- Xestión do Marketing: 90 horas, máis información e inscrición aquí
- Habilidades Comerciais: 60 horas, máis información e inscrición aquí

  • Cursos gratis de Artes Gráficas, Edición Dixital e Multimedia en liña.

- Photoshop avanzado: 40 horas máis información e inscrición aquí
- Creación de Blogues e Redes Sociais: 60 horas máis información e inscrición aquí
- Redacción Publicitaria: 120 horas máis información e inscrición aquí
- AutoCAD Map 3D nivel usuario: 40 horas máis información e inscrición aquí

on 02 Marzo 2021

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2021, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (Boletín Oficial del Estado número 184, do 2 de agosto) e da Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Diario Oficial de Galicia número 233, do 27 de novembro) (códigos de procedemento IF310D/IF310E).

No ano 2021 realizaranse seis convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210302/AnuncioG0533-220221-0003_gl.pdf

on 24 Febreiro 2021

Como xa ven sendo tradición, o vindeiro Día da Muller sumarémonos novamente a esta celebración cunha xornada sinalada onde as mulleres con discapacidade intelectual terán un espazo para reivindicar os seus dereitos.

Tratarase dun encontro online que celebraremos o 9 de marzo e no que daremos voz a mulleres con e sen discapacidade intelectual así como a profesionais do noso movemento asociativo, co fin de ter unha visión máis ampla das diferentes realidades das mulleres da nosa contorna.

O encontro comezará ás 10:45 horas coa inauguración a cargo da vicepresidenta de FADEMGA Plena inclusion Galicia, Carmela González, á que seguirán varias poñencias comezando pola de Rocío Blanco, Psicóloga do Centro de Información á Muller de Ortigueira, que fará un repaso pola Historia das mulleres, seguida de Ana Martínez, membro de EPSA (Plataforma Europea de Autoxestores) que nos falará sobre a súa experiencia laboral e sobre independencia. Continuaremos con Maribel Cáceres, membro da Xunta Directiva e do grupo de líderes de Plena inclusión, que fará unha exposición sobre a importancia da representación e participación no noso movemento asociativo, e remataremos coñecendo unha experiencia sobre maternidade, a cargo de Maria José Abad, nai e coidadora.

A xornada é de balde, e para asistir soamente debes estar pendiente do día (9 de marzo) e da hora (10:45) e premer neste enlace: https://zoom.us/j/97917181486#success

on 24 Febreiro 2021

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do
título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

Modalidades
1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.

Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición
1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.
2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210224/AnuncioG0598-160221-0001_gl.pdf

on 22 Febreiro 2021
  • Xestión administrativa 4.0: firma dixital e facturación electrónica

Cando: Martes 23 de febreiro de 2021 de 11 a 12 horas

INSCRÍBETE

  • Técnica e composición en fotografía

Cando: Martes 23 de febreiro de 2021 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Técnicas de márketing para a promoción de tours, experiencias e actividades

Cando: Mércores 24 de febreiro de 2021 de 11 a 12 horas

INSCRÍBETE

  • Audiomarketing: crea e diferénciate da competencia cos podcast

Cando: Mércores 24 de febreiro de 2021 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  •  Impresión 3D VII - Laminador Cura III

Cando: Xoves 25 de febreiro de 2021 de 12 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

  •  Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións

Cando: Venres 26 de febreiro de 2021 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE