on 09 Abril 2021

As persoas destinatarias son inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisan preparar o exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española.

Daráselles prioridade ás persoas que se atopen preparando ou preparasen as probas do exame de certificación do nivel A2 a través dunha entidade de iniciativa social, rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, de 23 de decembro, publicado no DOG do 20 de xaneiro de 2012) ou a través dalgunha Administración pública.

Os requisitos das persoas participantes serán:

— Presentarse ao exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española

— Ser maiores de 16 anos

— Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra

— Atoparse en situación administrativa regular en España

— Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2

— Saber ler e escribir

— Ter coñecementos básicos da lingua española. O nivel do curso será o A2 do MCER

Terceira. Oferta de cursos

Ofértanse tres (3) edicións, de ata cincuenta e cinco (55) prazas, cun máximo de vinte (20) alumnas e alumnos por aula, no caso de que estes cursos poidan ser presenciais en función da evolución da situación pandémica xerada pola COVID-19.

Os cursos terán lugar nas seguintes localidades e datas:

PRIMEIRA EDICIÓN: VIGO. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra

— Datas: do 24 de maio ao 11 de xuño

— Número de horas: 40

— Horario: de 15.30 a 18.10 horas

— Número máximo de participantes por aula: 20

SEGUNDA EDICIÓN: VIGO. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra

— Datas: do 14 de xuño ao 2 de xullo

— Número de horas: 40

— Horario: de 9.30 a 12.10 horas

— Número máximo de participantes por aula: 15

TERCEIRA EDICIÓN: PONTEVEDRA. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra

— Datas: do 13 de setembro ao 1 de outubro

— Número de horas: 40

— Horario: de 9.30 a 12.10 horas

— Número máximo de participantes por aula: 20

Tras finalizar estas edicións, o alumnado dos cursos presentarase ao exame do DELE A2 levado a cabo polo Instituto Cervantes en Vigo, que terá lugar o 10 de setembro para as persoas candidatas da 1.ª e da 2.ª edición e o 13 de novembro para as da 3.ª edición.

O prazo de inscrición será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/04/09/2021018245

on 07 Abril 2021

DATAS: 18 de maio, 25 de maio e 1 de xuño de 2021.

HORARIO: 18 e 25 de maio de 10:00 a 14:00 e 15:30 a 18:30 e 1 de xuño de 10:00 a 14:00 e 15:30 a 17:30

MODALIDADE: Presencial (20 horas). LUGAR: Sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Vía Pasteur 53A. Polígono Industrial do Tambre. 15890 Santiago de Compostela.

REQUISITOS:

Esta formación está 100% subvencionada polo Ministerio de Traballo e Economía Social e dirixida principalmente a traballadores pertencentes a empresas do sector educación, tales como:

- Centros e servizos de atención á discapacidade.

- Centros de educación universitaria e investigación.

- Autoescolas.

- Reforma xuvenil e protección de menores.

- Sector de ocio educativo e animación sociocultural.

- Empresas de ensinanza privada e concertada: colexios, academias, etc.

- Centros de asistencia e educación infantil.

- Colexios maiores universitarios.

  

Colectivos prioritarios:

- Mulleres.

- Persoas con discapacidade.

- Traballadores de Pemes.

- Baixa cualificación (Grupo de cotización: 6, 7, 9 e 10).

- Maiores de 45 anos.

Podería incluirse unha pequena porcentaxe de desempregados/as, se non se ocupan prazas con traballadores ocupados pertencentes a empresas do sector educación.

PARA INSCRIBIRSE: Debe remitir vía e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a documentación indicada na ficha técnica.

on 05 Abril 2021

Dirixido a: Persoas desempregadas da provincia de Pontevedra inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Data de inicio: maio de 2021

Lugares de celebración: Pontevedra, Vigo, O Porriño

Duración: 632 horas

Modalidade: presencial

Inclúe AXUDA ECONÓMICA PARA PERSOAS QUE CAREZAN DE RENDAS

Máis información: https://www.depo.gal/labora-2020

Chama ao teléfono: 986 804 100 (ext. 40846)

on 05 Abril 2021

Dirixido a: Persoas desempregadas da provincia de Pontevedra inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Data de inicio: maio de 2021

Lugares de celebración: Lalín, Vigo, Cambados, Pontevedra e Vigo

Duración: 482 horas

Modalidade: presencial

Inclúe AXUDA ECONÓMICA PARA PERSOAS QUE CAREZAN DE RENDAS

Máis información: https://www.depo.gal/labora-2020

Chama ao teléfono: 986 804 100 (ext. 40846)

on 05 Abril 2021

Escola Galega de Administración Pública
RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público,
traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 31 de marzo ao 9 de abril de 2021.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210330/AnuncioO150-220321-0001_gl.pdf

on 25 Marzo 2021

Cando: Martes 30 de marzo de 2021 de 11 a 12 horas

Hotmart é unha plataforma dixital baseada na venda e distribución de produtos dixitais, funcionando como unha rede de afiliación. Nela podes comercializar ebooks, documentos, cursos en liña, fotografías...
Neste obradoiro aprenderás a transformar o que sabes nun produto dixital
OBXECTIVO: Crea ou vende un infoproduto en Hotmart

1. DESCOBRE COMO VENDER PRODUTOS DIXITAIS
2. COMO FUNCIONA HOTMART
3. TODO O QUE NECESITAS SABER SOBRE HOTMART
4. ALGUNHAS FERRAMENTAS DE HOTMART
5. LIGAZÓNS
6. MATERIAL DE APOIO

Este obradoiro será impartido por Alberto González. Alberto González é asistente técnico en Xeito Técnico. Desde mozo, sempre buscou a maneira de axudar aos demais cos seus servizos. Gústalle descubrir novas ferramentas que axuden ao desenvolvemento dos negocios. Dá asesoramento a persoas emprendedoras que queren facer cambios no seu negocio

INSCRÍBETE