Coesco Deza selecciona UN/HA TÉCNICO/A DE CALIDADE (Silleda):
Para reforzar o seu departamento de calidade e seguridade alimentaria.
Requisitos:
• Licenciatura ou Grao en titulacións relacionadas: Nutrición, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Bioquímica, Farmacia, Bioloxía, ou similares.
Funcións:
• Supervisión, mantemento e seguimento do plan APPCC implantado na empresa.
• Creación e elaboración de procedementos de traballo, pautas, protocolos e instrucións para os traballadores.
• Realización de controis internos de calidade e seguridade alimentaria.
• Colaboración en auditorías e inspeccións de entidades públicas e privadas.
• Aplicación e revisión dos requisitos legais e outros requisitos complementarios en materia de alimentación.
• Colaboración cos equipos operativos para garantir a definición e o cumprimento dos obxectivos de seguridade e inocuidade alimentaria.
Condicións:
• Salario: 1.485,25 € brutos mensuais en 12 pagas
•Salario negociable en función da valía e experiencia do candidato/a.
• Posto estable con posibilidade de desenvolvemento profesional.
Tipo de contrato: Indefinido
Xornada: Completa
Persoas interesadas enviar o seu CV a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto: TÉCNICO/A DE CALIDADE

