ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2026 (código de procedemento PR775A).
Está dirixido a nenas e nenos que teñan a súa veciñanza administrativa en calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia e teñan idades comprendidas, en función das dúas categorías previstas, de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
Os contos serán inéditos e deberán redactarse en lingua galega. Non serán valorados aqueles textos que non cumpran uns requisitos mínimos de corrección idiomática no emprego da lingua galega.
A temática será libre. Terán unha extensión mínima dunha páxina e máxima de cinco e deberán estar escritos por unha soa cara. En caso de presentar os textos en papel, deberá utilizarse o tamaño A4 e non unir as páxinas con clips, grampas ou outros elementos. As páxinas deberán estar numeradas.
A primeira páxina do conto deberá incluír unicamente o título e o pseudónimo. No conto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante.
Queda prohibido o uso de tecnoloxías de intelixencia artificial para a elaboración dos contos presentados.
Poderán presentarse traballos premiados noutros concursos, agás que xa fosen premiados anteriormente pola EGAP, sempre que non fosen publicados.
Cada persoa participante poderá presentar unha única obra ao concurso, con independencia do número de pseudónimos que utilice.
O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260408/AnuncioO150-250326-0001_gl.pdf

