ASAMBLEA COOPERACIÓN POLA PAZ SELECCIONA UN/HA CO-RESPONSABLE NA XESTIÓN DE PROXECTOS (SANTIAGO)

22. 01. 14
Fin de prazo 15/01/2022
Asemblea de Cooperación Pola Paz busca unha persoa para se incorporar ao equipo da organización en Galicia. A persoa contratada será co-responsable na xestión dos proxectos de cooperación internacional ou acción humanitaria que se determinen e apoiará na execución dos proxectos de Educación para o Desenvolvemento.
 
PERFIL REQUERIDO:
Manexo oral e escrito dos idiomas galego e castelán.
Coñecementos no ámbito da Educación para o Desenvolvemento.
Coñecementos de cooperación internacional para o desenvolvemento.
Manexo das ferramentas informáticas do paquete Office, internet e correo electrónico.
Persoa dinámica, con iniciativa e capacidade de traballo en equipo.
 
Valorarase:
Experiencia previa en postos similares ao ofertado.
Coñecementos do tecido asociativo en Galicia.
Coñecementos adicionais en DDHH, Enfoque Baseado en DHH, Cultura de Paz, Interculturalidade e Igualdade de Xénero.
Experiencia previa de traballo nalgunha organización da sociedade civil.
 
CONDICIONS LABORAIS:
Tipo de contrato: obra e/ou servizo.
Xornada: 37,5 horas semanais.
Lugar de traballo: sede de ACPP Galicia en Santiago de Compostela.
Salario: conforme baremo interno da organización.
 
Data de incorporación: 01 de febreiro de 2022.
As persoas interesadas deberán enviar CV e carta de motivación antes do día 15 de xaneiro de 2022. Achegaranse por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., poñendo na liña de Asunto: “Posto Técnico + Nome e Apelidos da Persoa Candidata”