EURES SELECCIONA 40 EDUCADORES/AS INFANTÍS (ALEMAÑA)

22. 04. 01
A rede EURES do SEPE e Eures Alemaña publicaron unha oferta de traballo en Alemaña.
 
Desde o país xermano buscan Educadores/as Infantís polos que ofrecen salarios de case 3.000 euros ao mes.
 
Esta oferta de emprego está dirixida a aquelas persoas mozas entre 18 e 29 anos que queiran, ademais de traballar, aprender o idioma alemán.
 
Trátase dun proxecto conxunto enter Alemaña e España no marco de Eures ( European Employment Services), para a cooperación do emprego e a libre circulación de traballadores.
 
O programa inclúe viaxe e formación gratuíta tanto para a homologación do título de Educador/a Infantil como para a aprendizaxe do idioma.
 
Requisitos:
Grao en Educación Infantil.
Formación Profesional de Grao Superior en Educación Infantil.
Grao en Educación Primaria.
Grao en Pedagoxía (pedagogos/ as con experiencia en educación infantil).
Mestre/a especialidade en Educación Infantil
 
Se che interesa esta oferta de traballo en Alemaña, tes que darcte présa, pois o prazo finaliza este domingo 3 de abril (este incluído).
 
Para presentar a túa candidatura debes enviar un email co asunto: “EDUCA BW 2022” a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.