Requisitos:
- Con coñecementos ou experiencia en investigación aplicada, redacción de informes, manuais de boas prácticas ou traballos de investigación, preferentemente de programas de inclusión social e/o acceso ao emprego.
- Que axude ata o final do 2023 a detectar e comunicar boas prácticas e propostas e demandas de EAPN Galicia para mellorar as políticas de inclusión social e laboral e as intervencións con persoas en risco ou en situación de pobreza ou exclusión social desde entidades do Terceiro Sector Social.
Traballar nunha rede de entidades e profesionais dedicadas á incidencia política require habilidades de flexibilidade, comunicación, empatía e capacidade de adaptación ás necesidades da base social ou das administracións públicas así como unha continua orientación para o traballo en equipo e unha alta capacidade de organización e resposta en prazos axustados.
As persoas interesadas poden enviar o seu currículo á dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ata o 15 de setembro do 2022 (incluído), co asunto "Selección técnica investigación + NOME E APELIDOS».
Achegar CV actualizado e carta de motivación e experiencia que inclúe 3/4 propostas xustificadas para a mellora das políticas de inclusión sociolaboral das persoas en situación de pobreza ou exclusión social en Galicia (máximo 2 páxinas).