ASOCIACIÓN AMBAR SELECCIONA UN/HA ORIENTADOR/A LABORAL (RIBEIRA)

22. 11. 15
Requisitos:
Formación e experiencia
Contar coa formación e experiencia especificada no artigo 13 desta Orde: Titulación e/ou formación específica en materia de orientación laboral.
Experiencia como persoal orientador ou postos de emprego similares á solicitada.
Valorase positivamente experiencia en traballar con persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión.
Habilidades e outras competencias
Autonomía para levar a cabo sesións de orientación e asesoramento, fomentando a toma de decisións da persoa demandante de emprego, e adaptándose ás necesidades de cada unha das persoas.
Capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade.
Coñecemento de ferramentas para a inclusión laboral: portais de emprego, recursos, formacións, etc. que axuden á persoa demandante á incrementar ás súas posibilidades de inserción.
Excelentes habilidades de comunicación con diferentes interlocutores (empresas, autoridades, etc.); en particular, excelente uso do galego, tanto no oral como na escrita.
Capacidade de identificar necesidades na área de emprego, e ter a suficiente iniciativa para propoñer solucións para as mesmas.
Uso excelente dos aplicativos de Microsoft 365 (Office).
Capacidade para crear e manter boas relacións coas empresas, así como familias das persoas con diversidade.
Capacidade de innovación, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados.
Dispoñibilidade para asistir a eventos de emprego fóra da xornada laboral estándar, así como para desprazarse dentro da comarca ou ás cidades principais de Galicia.
 
Lugar de traballo: Centro de Recursos de Ambar, Ribeira; con desprazamentos dentro da comarca para prospección empresarial e de candidatos.
Duración: Inicialmente, ata mediados de Febreiro (permiso paternidade); con posibilidade de ampliación na área de emprego.
Inicio: 29 de novembro 2022
Xornada: Tempo completo (segundo XV Convenio de centros de atención á discapacidade).
Horario: Flexible, tendo algúns días continua e partida en función das necesidades das persoas demandantes de emprego e organizativas.
 
Se estás interesado/a en postular a esta oferta, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo ó seguinte correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Na carta de motivación, describe como cumpres as “as especificacións da persoa solicitante”, xa que son necesarias para poder​ valorar a túa candidatura. Especifícanos tamén a túa situación laboral, se eres demandante de emprego ou estas en activo.
 
O prazo para enviar a túa candidatura é ata o xoves 17 de novembro. As entrevistas terán lugar na semana do 21 de novembro.
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).