AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado/a superior xestor/a do proxecto Down to Earth.
Modalidade de contrato. A persoa seleccionada asinará un contrato de traballo temporal seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ao abeiro do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, e demais lexislación vixente que resulte de aplicación.
O prazo para presentar as solicitudes será de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioO90-070524-0001_gl.pdf