MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL DE VIGO ABRE PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL PARA O SERVIZO DE SALVAMENTO E SOCORRISMO

24. 06. 21

A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor abre convocatoria para a contratación laboral temporal de:

- 1 posto de coordinador/a de socorristas, e
- 35 postos de socorristas de espazos naturais para prestar o servizo de salvamento e socorrismo nas praias durante o verán.

O período de contratación para todos os postos será dende o 1 de xullo ata o 26 de setembro de 2024.

Para poder concorrer a este proceso será necesario posuír os requisitos especificados no Capitulo II Habilitación (artigos 3º requisitos profesionais e 4º formación mínima) do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

📅 O prazo para a presentación de instancias remata o 24 de xuño de 2024.

O anuncio deste proceso selectivo e as bases completas que o regulan pódense atopar na sede electrónica da entidade 👉 https://lnkd.in/dRJTQcgA