CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 26 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).
Estes premios, ademais de ter asignada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o alumnado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.
Número e dotación dos premios
1. Poderanse conceder ata seis (6) premios coa seguinte distribución: un (1) premio nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, un (1) premio nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, dous (2) premios nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño e dous (2) premios nas ensinanzas artísticas superiores de Música.
2. As persoas premiadas percibirán unha dotación económica, de cumprir os requisitos sinalados nesta convocatoria, dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
Poderá optar a estes premios o alumnado de ensinanzas artísticas superiores que cumpra os seguintes requisitos:
a) Que teña finalizados, no curso académico 2024/25, os estudos conducentes á titulación de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores pola que opta ao premio nun centro de ensinanzas artísticas superiores de titularidade da Xunta de Galicia, e cuxa data de presentación e defensa do traballo fin de estudos (TFE) estea comprendida entre o día 1 de setembro de 2024 e o día 31 de agosto de 2025.
b) Que teña unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5000 sen arredondamento.
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250910/AnuncioG0761-270825-0001_gl.pdf