XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS ÁS ACHEGADAS POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO ERASMUS +, DISTINADAS AO ALUMNADO SE ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

26. 04. 16

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 31 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2025/26 (código de procedemento ED322A).

Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado/a no curso 2025/26 en estudos conducentes a unha titulación de grao en ensinanzas artísticas superiores (nivel MECES 2) en calquera dos centros públicos de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ser beneficiario/a no curso 2025/26 dunha axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación cunha mobilidade en países do programa.

c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

O programa de mobilidade para o que se solicita a axuda será realizado durante o curso académico 2025/26.

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de dous meses, nos países que teñen a condición de países do programa.

 As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países que teñen a condición de países do programa Erasmus+:

a) De 195 €/mes para un país de destino do grupo 1.

b) De 165 €/mes para un país de destino do grupo 2.

c) De 125 €/mes para un país de destino do grupo 3.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260416/AnuncioG0761-310326-0001_gl.html