CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCA OS PREMIOS Á EXCELENCIA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE GRAO UNIVERSITARIO OFICIAL QUE OBTIVESE AS MELLORES CUALIFICACIÓNS NO CURSO 2024-25

26. 05. 12

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 29 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os Premios Ángela Ruiz Robles á Excelencia Académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2024/25 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Persoas destinatarias

1. Os premios destínanse ao alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2024/25 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

2. Concederase un premio por cada un dos cursos en que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao, agás no derradeiro curso, e en cada un dos centros en que se impartan.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.100 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260512/AnuncioG0761-300426-0002_gl.pdf