CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
ORDE do 12 de maio de 2026 pola que se autoriza a Fundación Pública Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario oficial de grao ou equivalente en Dereito, para facilitar a especialización en políticas e dereito da Unión Europea, mediante a realización de prácticas en asuntos comunitarios na oficina da FGE en Bruxelas, Bolsas Galicia Europa (código de procedemento PR770Q).
Estas bolsas teñen a finalidade de:
– Facilitar a especialización en políticas e dereito da Unión Europea, con especial atención á súa evolución no contexto dixital e tecnolóxico.
– Impulsar a formación práctica en institucións e programas comunitarios, favorecendo a comprensión do funcionamento institucional europeo.
– Favorecer a adquisición de competencias profesionais no ámbito xurídico europeo, particularmente nas áreas vinculadas á innovación normativa e á transformación dixital.
1. O programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de once (11) meses.
2. O lugar de desenvolvemento das bolsas será a oficina da FGE en Bruxelas.
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria e méritos, de acordo cos anexos que acompañarán a correspondente resolución de convocatoria, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260522/AnuncioG0759-120526-0009_gl.pdf
