CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE CONVOCA 11 BOLSAS DE FORMACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO

26. 06. 22

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ORDE do 8 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2026, de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

A contía de cada bolsa será de 1.100 € brutos mensuais, aos cales se lles aplicarán os descontos e retencións legais vixentes, incluída a cotización á Seguridade Social correspondente.

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada, tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria. A data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2026 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2028. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260622/AnuncioG0766-090626-0001_gl.pdf