CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
ORDE do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes
da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2021/22 (código de procedemento ED308A).
O número de prazas ofertadas é o seguinte:
Centro Residencial Docente da Coruña: 18 prazas.
Centro Residencial Docente de Ourense: 6 prazas.
Centro Residencial Docente de Vigo: 6 prazas.
As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estea aberta aos residentes.
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 6 de agosto de 2021.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210615/AnuncioG0598-040621-0001_gl.pdf