O Ministerio de Universidades aprobou o novo programa de axudas para a recualificación, a mobilidade internacional e a atracción de talento no sistema universitario español. Este programa, prioridade do Ministerio de Universidades, terá un impacto duradeiro ao permitir a formación e a mobilidade de novos doutores e doutoras e aumentar así a capacidade docente e investigadora do noso sistema universitario no curto e o medio prazo.
Farao mediante a concesión de axudas para a realización de estancias de formación en universidades e centros de investigación estranxeiros de prestixio así como en universidades españolas e noutros axentes públicos do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Así mesmo concederanse axudas ás universidades para a atracción de talento internacional. Todas elas, no seu conxunto, contarán cun orzamento total de 387.150.000 € para o período 2021-2023.
Toda a información: https://www.universidades.gob.es/portal/site/universidades/menuitem.a9621cf716a24d251662c810026041a0/?vgnextoid=225912145ef7a710VgnVCM1000001d04140aRCRD