AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA

21. 07. 27

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2021/22 (código de procedemento TU200A).

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), así como efectuar a súa convocatoria para o curso 2021/22 (código de procedemento TU200A).

Conforme as titulacións que se imparten no CSHG a través da presente convocatoria outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2021/22:

a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.

b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.

c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210727/AnuncioG0256-160721-0003_gl.pdf