CONVOCATORIA BOLSAS TALENTUM DA FUNDACIÓN SEPI E TELEFÓNICA

21. 08. 16
A Fundación SEPI – Talentum Telefónica convocou as súas bolsas 2021 destinadas a persoas mozas tituladas universitarias ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS por aprobar; ou tituladas de grao superior ou medio de formación profesional.
 
O obxectivo das bolsas é ofrecer unha formación práctica nunha contorna de innovación e emprendemento nas empresas pertencentes ao Grupo Telefónica e nas empresas ou institucións que se adhiran ao Programa.
 
A convocatoria estará aberta á recepción de solicitudes ata o 30 de novembro de 2021, podendo as persoas candidatas inscribirse ata dita data mediante o enchemento do correspondente formulario de solicitude de bolsa.
 
Modalidades das bolsas
 
Dentro do Programa existen distintas modalidades de bolsas dentro das cales os bolseiros e bolseiras poderán desenvolver a súa formación práctica:
 
BAU: a persoa en formación práctica participará no equipo dunha empresa/institución adherida ao Programa.
LAB: a persoa en formación práctica participará, co apoio dun mentor ou mentora expertos na disciplina, nun ou varios proxectos dentro dos equipos da empresa/institución empresa/institución que lle sexa asignada.
 
O período formativo tendra unha duracio n de entre un mínimo de tres e un máximo de doce meses.
 
Bolsas en España
Para bolsas de 25 horas semanais: 750 € ou a parte proporcional que corresponda, en función da efectiva data de incorporación do/a bolseiro ou bolseira
Para bolsas de 35 horas semanais: 1.100 € ou a parte proporcional que corresponda, en función da efectiva data de incorporación do/a bolseiro ou bolseira.
 
Para bolsas de excelencia,
25 horas semanais: 1.100 € ou a parte proporcional que corresponda, en función da efectiva data de incorporación do bolseiro ou bolseira.
 
Bolsas no estranxeiro
Unha asignación mensual de 2.500 € durante os meses en que o bolseiro ou bolseira desenvolva a súa práctica formativa no estranxeiro.
Se antes de desprazarse fóra de España, recibise formación práctica, a súa asignación será de 750 €.