FUNDACIÓN BOTÍN SELECCIONA 6 BOLSAS DE ARTES PLÁSTICAS

21. 08. 18

Obxecto: a formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística (non traballos teóricos) para artistas de calquera nacionalidade.

Persoas destinatarias: 1 bolsa destinarase con prioridade a españois ou residentes (como mínimo cinco anos inmediatamente anteriores á solicitude da bolsa) menores de 30 anos para trasladarse ao estranxeiro con obxecto de continuar o seu traballo, estudo ou estancias en residencia.

Duración: o tempo de goce desta bolsa será de 9 meses. Pode solicitarse prórroga se a bolsa se gozou fóra do lugar de orixe.

Contía: o importe de cada unha das bolsas é de 23.000 euros.
◾ Este importe comprende os conceptos de viaxes, aloxamento, manutención, aluguer de estudo, etc.
◾ Esta cantidade incrementarase co seguro médico (só se existe cambio de país de residencia).
◾ Estas bolsas están sometidas á fiscalidade vixente en España.
◾ Forma de pago: 45% ao comezo do goce, 25% nos dous trimestres naturais seguintes e 5% á recepción da memoria final.

Solicitudes: deberase encher o formulario de solicitude a través de:
www.fundacionbotin.org ou www.centrobotin.org/becas

Prazo: ata o 03/09/2021 ás 23:59 horas.

Máis información:
www.fundacionbotin.org / www.centrobotin.org/becas
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfono +34 942 226 072 (L-V de 09:00 a 14:00 horas).