CORTES XERAIS CONVOCA 3 BOLSAS DE FORMACIÓN SOBRE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL, INTERNA E EXTERNA, RELACIONADA COA ACTIVIDADE OFICIAL DO SENADO

21. 09. 30

CORTES XERAIS 

Acordo do 28 de setembro de 2021, da Mesa do Senado, polo que se convocan bolsas de formación sobre comunicación institucional, interna e externa, relacionada coa actividade oficial do Senado, para o ano 2022.

As bolsas outórganse cunha duración dun ano (desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2022) e consistirán en doce pagos por meses vencidos, de novecentos (900) euros brutos.
 
O Senado dará de alta ás persoas que obteñan a bolsa no réxime xeral da Seguridade Social, cotizando por todas as continxencias comúns e profesionais legalmente establecidas, coa excepción das de desemprego, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional, de conformidade co disposto pola lexislación vixente en materia de Seguridade Social.
 
As bolsas son improrrogables e incompatibles con calquera outra bolsa concedida para o mesmo período, así como co desempeño de calquera actividade laboral.
 
A concesión e goce da bolsa non supoñerá vinculación laboral ou funcionarial de ningún tipo entre a persoa titular da bolsa e a Cámara.
 
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» e finalizará ás 24:00 horas do día 28 de outubro de 2021.