O Programa ten como finalidade facilitar a persoas mozas tituladas de grao superior de formación profesional, períodos de formación práctica, como bolseiros/as, en centros de traballo de CESA baixo a supervisión de titores/as.
A formación práctica das persoas bolseiras do Programa poderá levar a cabo en calquera dos centros de CESA en Xetafe (Madrid) ou Sevilla.
Con carácter xeral, en todos os procesos de selección que se realice durante a vixencia da edición 2022 aquelas persoas candidatas que desexen optar a algunha das bolsas integrada no Programa, deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Obter o título de que se trate con posterioridade ao 30 de xuño de 2013.
- Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1991.
- Non ser ser beneficiario ou beneficiaria dalgún programa de bolsas da Fundación, nin renunciar a algunha bolsa outorgada por esta institución durante o período formativo.
- Con carácter específico para o proceso de selección en curso: concluír no momento de realizar a entrevista persoal os estudos conducentes á obtención das titulacións oficiais relacionadas no anexo ás bases correspondente ao proceso de selección de que se trate, nalgún centro docente español recoñecido oficialmente ou, noutro caso, ter homologado o título correspondente polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
As solicitudes deberán ser realizadas exclusivamente cumprimentando o formulario establecido para o efecto na páxina web da fundación sepi: https://www.fundacionsepi.es/
Non serán admitidas solicitudes presentadas a través doutro medio.
A recepción de solicitudes será ata o luns 29 de novembro de 2021. As entrevistas realizaranse, previsiblemente, entre a segunda e a terceira semana de decembro de 2021 de forma telemática. A incorporación dos bolseiros está prevista para o 25 de xaneiro de 2022. Podes consultar as bases da convocatoria para ampliar a información sobre estas bolsas.