Escola Galega de Administración Pública
RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo (código de procedemento PR770F).
As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa candidata seleccionada ao desempeño da bolsa na EGAP, tal como se dispón na base décimo cuarta, e finalizarán o 31 de decembro de 2021.
O importe da bolsa será de 1.100 € brutos mensuais, que se farán efectivos, tras a certificación da EGAP do bo aproveitamento da bolsa, polo importe líquido, tras realizar as retencións fiscais e sociais que lle correspondan, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinteBao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210107/AnuncioO150-151220-0003_gl.pdf