A Fundación ICO, F. S. P. convoca ata 25 axudas de 10 meses de duración, para o estudo e aprendizaxe do idioma chinés mandarín nunha universidade de Pequín, co fin de favorecer as relacións entre China e España a través da formación de mozos/as profesionais.
Axudas para o estudo e aprendizaxe do idioma chinés mandarín, durante un curso académico completo, nunha universidade pekinesa: Peking University, University of International Business and Economics ou Beijing Normal University.
O curso de idioma obrigatorio supón un mínimo de 20 horas de clase semanais máis as horas de estudo individual do alumno. Asignarase o nivel da clase en función do nivel do estudante. Terase acceso, adicionalmente, a clases de preparación do HSK e a clases optativas doutras materias, sempre relacionadas coa realidade social, cultural, económica ou política chinesa, en función da oferta de cada universidade.
Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto en BOE.
As solicitudes presentaranse a través da plataforma integrada, na páxina web da Fundación ICO, ou por correo postal dentro do prazo que se estableceu. Na páxina web da Fundación ICO aloxarase o formulario de inscrición, que poderá enviarse telemáticamente ou por correo postal, dentro do prazo que se estableceu, dirixido á Fundación ICO
Requisitos
- Persoas físicas que ostenten a nacionalidade española e aqueles con residencia legal en España.
- Cunha idade mínima de 22 anos e máxima de 39 á data da publicación da convocatoria anual.
- Que sexan graduados universitarios, licenciados ou enxeñeiros superiores que cursasen os estudos en facultades ou centros de ensino superior das universidades españolas ou que sexan diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que cursasen os estudos en centros españois sempre que, ademais, acrediten un máster oficial de 60 créditos ECTS impartido nalgunha universidade do Espazo Europeo de Educación Superior.
- Que teñan un coñecemento mínimo acreditado do idioma chinés mandarín.
- Que teñan dominio acreditado da lingua inglesa- como mínimo, un B2 do Marco Común Europeo de Referencia.
- E que conten cunha experiencia profesional mínima acreditada dun ano.
Dotación
Cada axuda inclúe os seguintes conceptos:
- Matrícula do curso e gastos de aloxamento.
- Dotación de ata 1.600 euros, como axuda para o traslado desde España.
- Seguro médico de cobertura internacional.
- Achega de 4.600 euros para gastos persoais.
Máis Información
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Toda a información e enlaces á convocatoria: http://www.injuve.es/convocatorias/becas/ayudas-curso-de-chino-mandarin-en-universidades-de-pekin