Desde a Fundación Galicia Europa convocan diferentes ofertas de prácticas en diversas institucións europeas e internacionais, cuxo prazo de inscrición finaliza a última semana de xaneiro. Diríxense fundamentalmente a persoas con titulación universitaria e cun bo dominio do inglés.
- PROGRAMA DE PRÁCTICAS BLUE BOOK NA COMISIÓN EUROPEA
O programa de prácticas da Comisión Europea ofrece ás persoas bolseiras a oportunidade de adquirir experiencia sobre os métodos de traballo da institución e outros organismos europeos, así como de poñer en práctica todos os seus coñecementos nos seus respectivos eidos profesionais nun entorno de traballo internacional e multicultural.
Estas prácticas son remuneradas e teñen una duración de cinco meses, sendo o destino das prácticas principalmente Bruxelas.
Para poder participar neste programa, é preciso que a persoa candidata cumpra os seguintes requisitos:
- Dispoñer dunha titulación universitaria.
- Ter un bo coñecemento en polo menos dous dos idiomas oficiais da Unión Europea, sendo una delas a lingua de traballo da Comisión (inglés, francés ou alemán).
- Non ter sido beneficiario/a, por un período de máis de seis semanas, de calquera tipo de prácticas nunha institución ou órgano europeo.
Poderanse outorgar puntos adicionais por ter un perfil internacional (demostrado a través de experiencias como o voluntariado europeo ou ter estudiado no estranxeiro), pola calidade da motivación redactada ou por ter escrito papers ou calquera outro tipo de publicación.
Nas Disposicións relativas ao programa oficial de prácticas da Comisión Europea poderás consultar toda a información relativa aos aspectos técnicos, requisitos e proceso de solicitude.
A data límite para inscribirte nesta sesión é o 29 de xaneiro.
- TRIBUNAL DE CONTAS
O Tribunal de Contas Europeo organiza tres sesións anuais de prácticas formativas en eidos de especial interese para a mocidade, nun período comprendido entre os tres e cinco meses, sendo a presente convocatoria do 1 de maio ao 30 de setembro.
Para poder participar neste programa de bolsas, será preciso que as persoas que se postulen cumpran os requisitos que se detallan a continuación:
- Ter titulación universitaria.
- Posuír a nacionalidade dun dos Estados membro da Unión Europea.
- Non ter realizado un período de prácticas nunha institución, órgano ou organismo da Unión Europea, no Banco Central Europeo ou no Banco Europeo de Inversións.
- Ter un bo coñecemento nunha lingua oficial da Unión Europea e un coñecemento satisfactorio nunha segunda lingua oficial.
A data límite para inscribirse na presente sesión de maio é o 31 de xaneiro.
- BANCO MUNDIAL
O programa de bolsas do Banco Mundial ofrece á xuventude a oportunidade de coñecer e participación na misión e obxectivos da institución, colaborando coas tarefas diarias e das relación con outros organismos. Así mesmo, as bolsas no Banco Mundial outorgan ás persoas participantes unha nova perspectiva de traballo, ideas innovadoras e experiencia investigadora en eidos de especial relevancia, ademais de mellorar as súas competencias espazos multiculturais e internacionais.
Para poder participar, as persoas candidatas terán que cumprir os seguintes requisitos:
- Ter unha titulación universitaria.
- Ter competencias fluídas no inglés e bo coñecemento noutras linguas como francés, español, ruso, árabe, portugués ou chinés.
- As competencias ofimáticas serán un plus a ter en conta.
Os eidos nos que a persoa candidata poderá participarán serán economía, finanzas, desenvolvemento humano, ciencias sociais, agricultura, medio ambiente, planificación urbana ou recursos naturais, entre outros.
O destino destas prácticas, que son remuneradas, é normalmente Washington, mais dependerá das necesidades da institución. O período, en calquera caso, terá que ser de mínimo catro semanas.
O prazo de solicitudes remata o vindeiro 31 de xaneiro.
- DELEGACIÓNS DO SERVIZO EUROPEO DE ACCIÓN EXTERIOR
O Servizo Europeo de Acción Exterior abre o período para solicitar prácticas remuneradas nas súas delegacións, ofrecendo á xuventude a posibilidade de obter coñecemento de primeira man sobre a experiencia práctica, actividades e misión das distintas delegacións, facilitando tamén a comprensión do seu rol dentro do marco da Unión Europea. O período será de doce meses, aínda que existe a posibilidade de prorrogalos doce meses máis.
Para poder aplicar, as persoas candidatas terán que cumprir os seguintes requirimentos:
- Ter un máster universitario vinculado ás actividades relevantes das Delegacións.
- Dispoñer dun bo coñecemento nos idiomas inglés e francés.
- Amosar interese por participar nas actividades da Delegación.
- Terase en conta, ademais, a experiencia profesional, actividades extra curriculares (como pode ser o voluntariado) ou as publicacións en revistas especializadas.
Consulta os destinos dispoñibles (aínda que terás a posibilidade de seleccionar tres prioridades xeográficas), o procedemento de aplicación e proceso de selección no seguinte enlace.
As solicitudes, que se deberán dirixir ás autoridades designadas por cada Estado membro (e que podes consultar no enlace proporcionado), manteranse abertas até o vindeiro 31 de xaneiro.
- UNIDADE DE SEGURIDADE DA AXENCIA EUROPEA PARA A XESTIÓN OPERATIVA DE SISTEMAS INFORMÁTICOS DE GRAN MAGNITUDE NO ESPAZO DE LIBERDADE, SEGURIDADE E XUSTIZA (EU-LISA)
Esta Axencia Europea, denominada EU LISA, ofrece prácticas remuneradas na sede de Tallín (Estonia) para un período de seis meses, prorrogable até 12, que darán comezo o 1 de marzo.
A finalidade das prácticas é dotar ás persoas bolseiras de novos coñecementos relacionados coas políticas, actividades e procedementos da Unión Europea, así como da Axencia, e tamén de experiencia práctica na materia.
Poderán presentarse como candidatas aquelas persoas que, tendo a cidadanía dun Estado membro da UE, teñan titulación universitaria e bo coñecemento e fluidez no inglés (polo menos, o nivel C1).
O prazo de inscrición finaliza o vindeiro 31 de xaneiro.
Toda a información aquí: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/noticias_ver.asp?idSeccion=239&idTema=336&idNoticia=5238#.YBANP-gzbIW