CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE CONVOCA 20 BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE ARQUIVOS

22. 01. 12

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2022 (código de procedemento CT110A).

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que predomine a formación en historia e/ou arquivística.

2. Acreditar dominio da lingua galega, nivel iniciación, mediante título oficial ou certificado Celga 3.

3. Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período igual ou superior aos doce (12) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, a xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.

4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.

5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego.

As bolsas terán unha duración máxima de seis meses (6), contados a partir da data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura de acordo co centro de destino.

As bolsas convócanse con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, por un importe total de cento catorce mil euros (114.000 €).

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220111/AnuncioG0598-161221-0004_gl.pdf