XUNTA ELECTORAL CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA DE DOCUMENTALISTAS

22. 01. 31

XUNTA ELECTORAL CENTRAL

Acordo do 20 de xaneiro de 2022, da Xunta Electoral Central, polo que se convocan bolsas para a formación práctica de Documentalistas.

A Xunta Electoral Central convoca tres bolsas individuais para postgraduados/as, para a formación práctica e colaboración na realización de traballos e estudos no ámbito da Documentación e a xestión de información e contidos relacionados coa actividade da Xunta Electoral Central. Os estudos e traballos realizados quedarán en propiedade da Xunta Electoral Central.
 
Das devanditas bolsas reservarase unha delas para a súa concesión entre persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 por 100 sempre que reúnan os requisitos establecidos nas bases cuarta e sexta.2, e que acrediten, dentro do prazo a que se refire o apartado 2 da base quinta, o indicado grao de discapacidade e a súa compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes. No caso de que dita bolsa non quedase cuberta, acrecerá á quenda libre.
 
Cada unha das tres bolsas terá unha duración de doce meses e a súa dotación será de 1.100 euros brutos mensuais nos exercicios 2022 e 2023.
 
Os importes das bolsas abonaranse ao termo de cada mes. Así mesmo, os beneficiarios da bolsa contarán coa cobertura outorgada pola Seguridade Social, segundo a normativa vixente, e dentro dos requisitos e condicións propios deste tipo de bolsas.
 
A bolsa poderá prorrogarse por un período máximo de seis meses cando a conclusión dos traballos e estudos que se estean realizando así o aconselle. A prórroga será acordada polo Presidente da Xunta Electoral Central, a proposta do Secretario da Xunta Electoral Central.
 
O prazo para a presentación de instancias será de vinte días naturais seguintes á data de publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».