Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo
ORDE do 31 de xaneiro de 2022 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea (código de procedemento PR770N).
O programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de once (11) meses.
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria e méritos, de acordo cos anexos que acompañarán á correspondente resolución de convocatoria, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220214/AnuncioG0595-010222-0001_gl.pdf