Co obxectivo de contribuír á formación internacional de artistas nados en Galicia, A Fundación María José Jove creou a Bolsa de Formación Artística FMJJ para cursar o Máster en Belas Artes do Art Institute FHNW de Basilea, no marco do acordo de colaboración con esta institución da Universidade de Artes e Ciencias Aplicadas do Noroeste de Suíza.
Prazo de inscricións: Ata o 15/03/2021
Duración: Cada bolsa terá unha duración de dous anos, correspondente coa duración do Master of Arts FHNW, Basilea (Suíza).
Requisitos: Poderán ser persoas beneficiarias destas bolsas os/as artistas galegos/as.
As solicitudes das persoas interesadas serán realizadas directamente ao Art Institute FHNW, Basilea, segundo os trámites establecidos pola institución, a través da súa páxina web e nas seguintes ligazóns:
- Máster: https://lnkd.in/d33qeNj
- Solicitude: https://lnkd.in/dwxQkzJ
Dotación: A dotación económica de cada bolsa é de 20.000 euros (suxeito ao disposto na lexislación vixente de IRPF en materia de retencións).
Máis información: https://www.fundacionmariajosejove.org/becas-de-formacion-artistica-fmjj/