Convócanse, para o curso 2022-2023 as seguintes axudas individualizadas:
a) Axudas directas para os/as alumnos/as, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.
Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista) non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios/as de subsidios os/as alumnos/as con TEA (Trastorno do espectro autista), pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
ESTUDOS OBXECTO DE AXUDA:
a) Educación Infantil.
b) Educación Primaria.
c) Educación Secundaria Obrigatoria.
b) Educación Primaria.
c) Educación Secundaria Obrigatoria.
d) Bacharelato.
e) Ciclos formativos de grao medio e superior.
f) Ensinos artísticos profesionais.
g) Ciclos Formativos de Grao Básico
h) Programas de formación para a transición á vida adulta.
f) Ensinos artísticos profesionais.
g) Ciclos Formativos de Grao Básico
h) Programas de formación para a transición á vida adulta.
i) Outros programas formativos de formación profesional aos que se refire a disposición adicional cuarta do Real Decreto 127/2014, do 28 de febreiro.
Prazo de solicitude: Ata o 30 de setiembro de 2022
Toda a información: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
Acceso ao trámite: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1731