Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ORDE do 13 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2022 (código de procedemento PL500E).
Universidade do Algarve (Portugal) Algarve Portugal 1.10.2022 30.9.2025
Freie Universität Berlin (Alemaña) Berlín Alemaña 1.10.2022 30.9.2025
Università degli Studi di Padova (Italia) Pádua Italia 1.10.2022 30.9.2025
Universidade do Estado do Río de Janeiro (Brasil) Río de Janeiro Brasil 1.1.2023 31.12.2025
Sapienza Università di Roma (Italia) Roma Italia 1.10.2022 30.9.2025
Sveučilište u Zadru (Croacia) Zadar Croacia 1.10.2022 30.9.2025
O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:
– 1.378,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.
Titulación académica:
a) Poderá solicitar as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
• Licenciatura en Filoloxía Galega.
• Licenciatura en Filoloxía Románica.
• Grao en Lingua e Literatura Galegas.
• Grao en Estudos de Galego e Español.
• Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.
• Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.
• Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220628/AnuncioG0655-140622-0001_gl.pdf