Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2022/23 (código de procedemento TU200A).
Conforme as titulacións que se imparten no CSHG a través da presente convocatoria outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2022/23:
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
b) 15 bolsas tipo II para o 1º curso de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
As bolsas serán de dous tipos, ao abeiro do disposto no artigo 6.2 da Orde do 4 de xullo de 2014, modificada pola Orde do 3 de outubro de 2019:
Tipo I. Supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
Tipo II. Supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria do CSHG por titulación.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220809/AnuncioG0256-280722-0001_gl.pdf