Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ORDE do 12 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria das bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2022/23 (código de procedemento ED441B).
Obxecto Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 140 bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2022/23 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar (código de procedemento ED441B)
1. O programa de mobilidade para o cal se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2022/23.
2. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.700 euros.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.