MINISTERIO DE DEREITOS SOCIAIS E AXENDA 2023 CONVOCA AS AXUDAS DO PROGRAMA "REINA LETIZIA PARA INCLUSIÓN " DIRIXIDO A PROMOVER A MELLORA DAS CONDICIÓNS FORMATIVAS E PROFESIONAIS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

22. 10. 18
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do «Programa Reina Letizia para a Inclusión» para a concesión de subvencións co obxectivo de promover e incentivar que as persoas con discapacidade que non están a acceder á formación e a educación poidan superar as barreiras que limitan ese acceso, así como, o daquelas que, aínda accedendo á mesma, ven limitados os seus recursos, de maneira que garantan e fomenten o exercicio do dereito das persoas con discapacidade á educación, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, en aras da consecución e garantía do pleno goce de todos os seus dereitos, promovendo as melloras das súas condicións educativas e formativas e a súa inserción social.
 
Estas axudas configúranse como complementarias das que xa puidesen existir e do patrimonio persoal e familiar das persoas con discapacidade.
 
Requisitos das persoas beneficiarias.
Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:
Estar en posesión da nacionalidade española ou ser estranxeiro con residencia legal neste país. Ter unha discapacidade legalmente recoñecida en España, igual ou superior ao trinta e tres por cento, ou situacións asimiladas, considerándose como tales tamén aos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, segundo o establecido no artigo 4.2 do Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro. Tamén serán beneficiarias as persoas con capacidade intelectual límite destinatarias das medidas de acción positiva para o acceso ao emprego, considerando como tales ás incluídas no ámbito de aplicación do Real Decreto 368/2021, do 25 de maio, sobre medidas de acción positiva para promover o acceso ao emprego de persoas con capacidade intelectual límite. Realizar ou, no seu caso, iniciar estudos ou actividades formativas.
 
O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria, non podendo ser inferior a un mes para contar desde o día seguinte á publicación do extracto da respectiva convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».