Cada bolsa de mobilidade inclúe gastos de viaxe ata o lugar de destino, dietas para contribuír ao aloxamento e a manutención.
Tamén se cubrirán gastos adicionais para apoiar a inclusión de persoas con diferentes perfís. A duración do programa será de entre 7 e 60 días para estancias de persoas individuais.
E para grupos de entre dous e cinco persoas, a duración das estancias será de entre 7 e 21 días.
A mobilidade dos profesionais elixidos deberá ter lugar no prazo dun ano, a partir da firma do acordo de subvención.
Criterios de selección destas bolsas
As bolsas de mobilidade individual van destinadas a profesionais que traballen na área da arquitectura, o patrimonio cultural, o deseño e o deseño de moda, a tradución literaria, a música, as artes escénicas e as artes visuais.
As persoas aspirantes deben ter polo menos 18 anos e residir legalmente nun país de Europa Creativa. Tamén se detalla na convocatoria que os/as solicitantes poden proceder de todos os sectores culturais e creativos incluídos no capítulo cultural do programa Europa Creativa. E para os/as solicitantes que residan legalmente en Ucraína, estes terán excepcionalmente a opción de solicitar directamente unha mobilidade virtual.
Para presentar a solicitude é necesario darse de alta cunha conta de usuario no portal Goethe-Application.
Todas as solicitudes débense presentar en inglés.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 31 de maio de 2023. Con todo, durante o período da convocatoria continua establecerase unha data límite o último día de cada mes, e o comité seleccionador avaliará todas as solicitudes recibidas durante ese mes.