INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN ÁS PERSOAS CONSUMIDORAS

22. 12. 21

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2022 pola que se establecen, mediante a tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de protección ás persoas consumidoras e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CO400D).

As bolsas de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia en materia de protección ás persoas consumidoras teñen como obxectivo contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo.

As bolsas que se convoquen desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

O programa de formación incluirá as actividades de formación relacionadas coa defensa e protección ao consumidor e a arbitraxe levadas a cabo no ámbito de actuación do Servizo de Protección ao Consumidor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia. 

Así mesmo, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia nomeará unha persoa titora responsable das actividades de formación que desenvolverá a persoa bolseira.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2023, cunha duración máxima de dez meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2023.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221221/AnuncioG0482-051222-0001_gl.pdf