O programa de axudas para a realización de “Cursos de idiomas no estranxeiro” ponse en marcha para reforzar as competencias lingüísticas dos mozos con discapacidade e mellorar así as súas oportunidades de atopar empregos cualificados, onde a esixencia dun idioma estranxeiro é cada día máis frecuente.
Fundación ONCE quere contribuír con este programa á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, ofrecendo os recursos necesarios para favorecer a mobilidade internacional e dar un salto cualitativo na formación dos mozos con discapacidade.
Poderán solicitar estas axudas todos/as os/as mozos/as, con discapacidade legalmente recoñecida de polo menos o 33%, de nacionalidade española, en idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos e que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.
Para calquera dúbida ou aclaración achega do programa de bolsas, podes contactar a través de:
915 068 946 Verónica Díaz
915 068 868 Carolina López Carracedo
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.