Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ORDE do 10 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2022/23 (código de procedemento ED322A).
Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado/a en estudos conducentes a unha titulación de grao en ensinanzas artísticas superiores (nivel MECES 2) no curso 2022/23 en calquera dos centros públicos de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2022/23.
c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta da española, realice a mobilidade no seu país de orixe. 3. Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino e reciba a formación virtual en Galicia.
O programa de mobilidade para o cal se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2022/23.
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 195 €/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 165 €/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 125 €/mes para un país de destino do grupo 3.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230320/AnuncioG0655-100323-0004_gl.pdf