CSIC CONVOCA AS BOLSAS JAE INTRO

21. 03. 04

O programa de bolsas JAE Intro diríxense a estudantado universitario de último ano de grao e a estudantes de máster con interese en iniciar unha carreira investigadora en centros do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que conta con máis de 120 institutos.

O seu obxectivo é axudar aos/ás mozos/as para dar os primeiros pasos no mundo da investigación, brindándolles a oportunidade de gozar das posibilidades que ofrecen os centros e institutos do CSIC nas súas diferentes áreas. Ao mesmo tempo, as bolsas contribúen a que os mozos e mozas se poidan achegar ao coñecemento punteiro dos temas científicos e á praxe científica.

A incorporación dos grupos de investigación comeza en outubro e a bolsa é de cinco meses de duración, con posibilidade de prórroga de 4 meses para un máximo de 100 bolsas, na que se achegarían 2.400 euros adicionais. Esta bolsa, de gran prestixio, ofrece unha ampla oferta de temas de investigación en todas as áreas de coñecemento e un certificado acreditativo de realizala.

A estancia formativa podes realizala en calquera das tres áreas de coñecemento propostas: sociedade (Humanidades e Ciencias Sociais), Vida (Bioloxía e Biomedicina, Recursos Naturais, Ciencias Agrarias e Tecnoloxías dos Alimentos) e Materia (Ciencia e Tecnoloxías Físicas, Ciencia e Tecnoloxía dos Materiais, e Ciencia e Tecnoloxías Químicas).

Este programa está dirixido a estudantes cunha media igual ou superior a 8 para todas as ramas de coñecemento, excepto para Enxeñería e Arquitectura, nas que se necesitará un 7.

Ofértanse entre 1e 6 prazas de media por Instituto. Por exemplo, o IPLA, que ten como obxectivo mellorar a saúde e o benestar dos consumidores a través da investigación científica de calidade en Ciencia e Tecnoloxía de Produtos Lácteos, ofrece tres prazas no Molecular Microbiology Group. Na avaliación das solicitudes terase en conta o expediente académico, o currículo e a formación complementaria, a adecuación dos solicitantes ao plan de formación, e a actividade científica e formación do investigador responsable e grupo receptor, entre outros criterios.

O CSIC é o primeiro organismo público de investigación científica en España, a cuarta institución do mesmo nivel en Europa e a sétima en todo o mundo.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes para contar desde o día seguinte á publicación da convocatoria. Para esta edición, orientativamente, do 9 de marzo ao 9 de abril. Os interesados deben presentar certificación académica, currículo vitae e carta de motivación, entre outros documentos.

https://jaeintro.csic.es/es/inicio/