CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA A PREPARACIÓN DAS OPOSICIÓNS DE PREPARACIÓN Á CARREIRA XUDICIAL E FISCAL , AOS CORPOS DAS LAGS E DA AVOGACIA DO ESTADO

23. 06. 01
O BOE publica a convocatoria de 792 bolsas para a preparación de oposicións ás carreiras xudicial e fiscal, e aos corpos de LAJs e de Avogacía do Estado O obxectivo das bolsas é impulsar a igualdade de condicións entre opositores removendo os obstáculos que dificulten o acceso a estas carreiras profesionais, en liña co establecido no artigo 9.2 da Constitución.
 
As 792 axudas do presente exercicio de 2023 triplican as 245 que recollía a convocatoria anterior. Cada unha delas está dotada cun total de 6.611 euros anuais e distribúense entre as 648 correspondentes á preparación para as carreiras xudicial e fiscal, as 120 para o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza e as 24 bolsas destinadas a preparar as oposicións para o Corpo de Avogados do Estado.